Portal de Transparencia

Imprimir admin15gdr - 09-Febreiro-2024 - 13:50:32  

Portal de Transparencia



Con este sitio web, dase cumprimento do que establece o artículo 63 da Lei 9/2017, de Contratos do sector Público, para garantir a transparencia e o acceso público á actividade contractual dun xeito claro, á cal o GDR está sometido como Poder Adxudicatario Non Administración Pública (PANAP).

A través da plataforma de contratación www.contratosdegalicia.gal pódese acceder á toda a información sobre os procesos administrativos de contratación do GDR 12 Carballiño-Ribeiro.







 
O Consello da Xunta de Galicia autoriza un convenio para lanzar o Plan de sustentabilidade turística en destino con accións de realidade aumentada, para coñecer a tradición enogastronómica ou a apertura dun centro e para promover produtos locais.
Beneficiarase o territorio do GDR-12, comprendido nos Concellos de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrenda e Pontedeva.
Se trata dunha das 13 estratexias que benefician a 80 concellos e que se inclúen no Plan Territorial de Sustentabilidade de Galicia con financiamento europeo.
O Consello da Xunta autorizou hoxe a subscrición dun convenio de colaboración coa asociación O Carballiño-O Ribeiro para a posta en marcha do Plan de sustentabilidade turística en destino por valor de 1,5 M€ nos 21 concellos que conforman parte do xeodestino que xestionan. Incluirá medidas como a posta en marcha de ferramentas de dixitalización, realidade aumentada e posta en valor dos produtos gastronómicos locais a través de rutas temáticas, entre outras.

En concreto, o plan beneficiará os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrende e Pontedeva. Entre outras medidas prevese un plan de ruta ata 2025, que incluirá a mellora da xestión turística deste destino coa restauración paisaxística dos produtos e servizos turísticos, elaboración dun inventario do patrimonio material e inmaterial enogastronómico ou a creación dun menú especial con produtos km 0 da zona. Tamén se prevé, entre outras accións, implantar medidas de realidade aumentada para coñecer a tradición enogastronómica do territorio ou a apertura dun centro de enogastronomía. Esta nova folla de ruta inclúese no Plan territorial de sustentabilidade turística da enogastronomía de Galicia que a Xunta lanzou este ano 2023. Cun investimento de 34,5 M€ ata o ano 2025, enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos turísticos.    

 CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 4 DE XULLO DE 2023

Imprimir admin15gdr - 22-Xuño-2023 - 12:40:59  

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN CARBALLIÑO-O RIBEIRO GDR-12.
Se celebrará no Centro Cívico de Leiro o martes 4 de xullo as 20:00 horas.
 
Páxinas: 1 2 3 4 5 ... Último 
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com