ABANCA e o GDR Carballiño-Ribeiro alíanse para impulsar a actividade económica da comarca.
A entidade financeira galega e a asociación renovan a súa colaboración co obxectivo de mellorar a competitividade dos pequenos establecementos e facilitar o emprendemento no territorio.


ABANCA e a Asociación de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro (GDR12) acaban de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica destas dúas comarcas ourensás.
O presidente do GDR, Francisco José Fernández Pérez, e o director de zona Ourense Oeste, Carlos Díez Campo, rubricaron hoxe na sede da asociación situada no Centro Cívico de Leiro un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do interior de Galicia.
O convenio facilita que os empresarios e emprendedores das comarcas pertencentes á asociación accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os afiliados contarán con produtos específicos de ABANCA co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas: pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O plan tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.
Do mesmo xeito, os asociados poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con ICO e IGAPE, así como coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo. Tamén poderán aproveitarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento de contas e tarxetas, polas transferencias, o ingreso de cheques ou outros servizos habituais.
Así mesmo, co ánimo de optimizar a calidade do servizo e dar unha atención máis personalizada aos asociados ao GDR-12, o banco poñerá a disposición dos interesados persoal especializado na xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada afiliado.
O GDR Carballiño-Ribeiro agrupa os intereses de empresas desta comarca ourensá, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de servizos e industriais, entre outros.
ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.
Publicación en xornais da provincia de Ourense:



LA REGIÓN FARO DE VIGO LA VOZ DE GALICIA
Publicación en xornais da provincia de Ourense:



LA REGIÓN FARO DE VIGO LA VOZ DE GALICIA
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com

;
;
;
;
;
;
;
























