Charla informativa en Cortegada acerca do programa Leader 2014-2020

Imprimir admin15gdr - 24-Febreiro-2017 - 13:49:26  

O xoves 23 de febreiro, o equipo técnico do GDR12 impartiu unha charla sobre o programa LEADER 2014-2020 no concello de Cortegada. Esta actividade forma parte dunha serie de charlas que o devandito GDR impartirá por todos os concellos do territorio que así o soliciten. O vindeiro sábado, día 25 de febreiro, realizarase ás 11.00 h da mañá no concello de Beariz. O luns 27, será no de Castrelo de Miño ás 20.00 h. O xoves, 2 de marzo, ás 19.30 h en Laias. O venres 3, ás 20.00 h, no de Carballiño. E o venres 10, ás 20.00 h, en Arnoia.

Estas axudas, que repartirán para esta primeira convocatoria máis de 800.000 euros en todo o territorio Carballiño-Ribeiro, están destinadas tanto para entidades públicas como privadas, xa sexan proxectos produtivos (que xeran riqueza) como non produtivos (que xeran benestar social), asociacións, mancomunidades, autónomos, e mesmo particulares que queiran crear empresas.


GDR12 Cortegada
 
O vindeiro luns, día 27 de febreiro, na casa consistorial de de Castrelo de Miño, terá lugar unha reunión informativa para todos os interesados en recibir axudas e subvencións do programa europeo Leader 2014-2020, dentro do Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro.

Faro de Vigo
 

 Campaña de información sobre as axudas Leader Galicia 2014-2020

Imprimir admin15gdr - 21-Febreiro-2017 - 11:18:28  

O GDR 12, Asociación Carballiño-Ribeiro, con motivo da nova convocatoria de axudas Leader Galicia 2014-2020 está a levar a cabo unha campaña de información por todo o seu territorio, integrado por vinte e un concellos, onte tivo lugar en Boborás, foto que mostramos. As próximas serán o xoves ás 19.30 horas en Cortegada, o sábado ás 11 horas en Beariz e o luns, 27 de febreiro, ás 20 horas en Castrelo de Miño. A medida que o vaian solicitando desde os outros concellos continuarán as charlas informativas.

Desde a asociación animan aos mozos, empresarios e institucións destes concellos a que se acheguen a coñecer de primeira man como poden solicitar axudas e animámoslles a crear empresas ou mellorar as existentes, logrando deste xeito que o noso rural non perda poboación.

Os interesados poden solicitar información en horario de 9 a 14 horas nas oficinas do GDR 12 situadas no Centro Cívico de Leiro, ou ben chamando ao teléfono 988 488 451 ou enviando un correo electrónico a info.gdr12@gmail.com. 

GDR12 Charla en Boborás


La Región, 22 de febreiro de 2017:


 
Páxinas: Primeiro ... 13 14 15 16 17 ... Último 
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com