REPRESENTANTES DE ENTIDADES EMPRESARIAIS E PEMES DAS COMARCAS DO RIBEIRO E CARBALLIÑO ASISTEN PARA COÑECER AS AXUDAS DISPONIBLES NESTE ANO PARA OS DISTINTOS SECTORES PRODUTIVOS
A sede da Mancomunidade do Ribeiro foi o escenario escollido para pechar este percorrido do Camiño de Futuro que fai a presentación do mapa de axudas da Xunta de Galicia para pemes, emprendedores/as e autónomos/as do sur da provincia. Ao acto asistiron entidades e representantes da administración para ofrecer unha explicación pormenorizada deste mapa de apoios, e participaron representantes de empresas ourensás interesadas nestas axudas que se presentaron. Na apertura participaron o presidente do GDR 12, Francisco José Fernández e Patricia Argerey, directora de Gain, Axencia Galega da Innovación; mentres que trala presentación das axudas pecharon o acto a presidenta da CEO, Marisol Novoa, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén.
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com