O día catro de setembro, no Centro Cívico de Leiro, reúnense os membros da Xunta Directiva do GDR-12 “Asociación Carballiño-Ribeiro”, para realizar a selección e proposta de resolución dos expedientes produtivos, sendo os que acadaron maior puntuación no baremo os seguintes:
-A ESTACIÓN DE SERVICIO ATENEO, S.L. para o proxecto: “Ampliación e modernización en instalación para lavado de vehículos industriais e maquinaria agrícola”. A CRISTALERÍA SALETA, S.L. e o proxecto de instalación de unha cristalería no polígono industrial de Cea”.
A empresa GRUPERVAZ Y ASOCIADOS, S.L. para a “Mellora tecnolóxica na Residencia de Carballeda de Avia”. INVER-GER GALICIA, S.L. para melloras para atención dos usuarios da Residencia San Amaro. Ao GRUPO NERAMEX, S.L. para instalación de autoconsumo na Estación de Servicio Dacón e a FUNERARIA VERACRUZ, S.L. para a construción dun tanatorio.
Os investimentos que se van realizar por parte dos promotores ascenden á cantidade de 1.094.061,74 euros, sendo o importe das xudas de 506.450,01, repartidos nas anualidades de 2018 e 2019.
Apróbase tamén a lista de proxectos en reserva, que cumprindo as condicións para ser subvencionables non poden obter axudas por falta de fondos, en total son 14 expedientes, de empresas privadas, que suporían un investimento no territorio do GDR-12, de 1.752.206,93 euros para os que se necesitarían 749.511,16 euros de axudas, aínda que moitos deles se van realizara aínda sen axudas públicas.
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com