Noticias
Blog
O pasado venres 11 de xuño de 2021 tivo lugar a Comisión de Seguimento do Convenio de Colaboración entre AGADER e o GDR-12 “Asociación Carballiño - Ribeiro”.
A visita realizada polo Subdirector de Relacións cos GDR, Moisés Blanco Paradelo, ás oficinas do GDR-12 en Leiro, tivo lugar ás 13.15 horas sendo recibido polo presidente da Asociación, Francisco José Fernández Pérez e o equipo técnico do GDR-12, mantendo unha reunión para proceder á constitución da Comisión de Seguimento.
Procedendo a análise e estudo do Convenio de Colaboración asinado no seu día entre a AGADER e o GDR-12.
Tratando á xestión das convocatorias de axudas Leader e a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. Destacando que na presente convocatoria 2021-2022 presentáronse un total de 15 proxectos, 6 de natureza produtiva e 8 iniciativas de concellos do territorio. Ditas solicitudes están sendo estudiadas polo equipo técnico do GDR-12, para completar a documentación, a súa baremación e a comprobación da súa elixibilidade dentro da estratexia de desenvolvemento aprobada para o territorio Carballiño – Ribeiro. Sendo enviados posteriormente á Agader para a súa verificación, se procede. Unha vez verificados pasarán á xunta directiva para a súa aprobación atendendo á puntuación obtida no baremo e ata esgotar os fondos de cada medida.
ENLACES DA NOVA EN PRENSA
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com