Noticias
Blog
Abanca e o GDR Carballiño-Ribeiro renovan a súa colaboración e apostan pola creación de emprego e a sostibilidade.
Abanca e o GDR Carballiño-Ribeiro renovan a súa colaboración e
apostan pola creación de emprego e a sostibilidade.
● O banco e o Grupo de Desenvolvemento Rural buscan mellorar a
competitividade a través de investimentos.
● Ambas entidades buscan un crecemento sostible das empresas que
conforman o GDR e a creación de emprego.
Abanca e o GDR Carballiño-Ribeiro renovan a súa colaboración e
apostan pola creación de emprego e a sostibilidade.
● O banco e o Grupo de Desenvolvemento Rural buscan mellorar a
competitividade a través de investimentos.
● Ambas entidades buscan un crecemento sostible das empresas que
conforman o GDR e a creación de emprego.
Abanca e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR12) Carballiño-Ribeiro veñen de
asinar un acordo de colaboración que busca responder ás necesidades do tecido
produtivo da comarca e da creación de emprego, ao tempo que sitúan a sostibilidade
no foco principal.
O convenio foi rubricado en Leiro (Ourense) polo director de zona de Abanca en
Ourense oeste, Carlos Alberto Díez Campo, e o presidente do GDR Carballiño-Ribeiro,
Francisco José Fernández Pérez. O convenio súmase ás recentes ofertas e convenios
financeiros que Abanca suscribe practicamente a diario con colexios profesionais,
empresas, asociacións e outras entidades presentes nos territorios nos que o banco ten
presencia.
Un dos obxectivos fundamentais deste acordo é a reactivación económica da comarca a
través do impulso de novos proxectos e da mellora da competitividade e
sostibilidade medioambiental dos actuais a través do crédito. Con isto, os adheridos ao
GDR poderán acceder a condicións vantaxosas na contratación de produtos e servizos
como as pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións e avais.
Así mesmo, o texto detalla unha oferta con créditos e préstamos específicos para o
sector agrogandeiro, liñas de comercio exterior, desconto comercial e confirming.
Os membros do GDR tamén terán acceso ás vantaxes do Programa Servizos Abanca,
que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Así mesmo, o
banco ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica para
os interesados. A maiores, desde as oficinas facilitarase información relativa ás opcións
de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco ten subscritos con
diversos organismos públicos.
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com