Blog

 XORNADA DE PROMOCIÓN EN LEIRO

Imprimir gdr9 - 12-Septembro-2014 - 10:07:35 

Onte, xoves 11 de setembro, tivo lugar na Aldea Cavernícola, en Leiro, unha xornada de promoción do Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-O Ribeiro, se desenvolvemento neste enclave porque foi unha das empresas que se acolleron ás axudas no programa LEADER Galicia 2007-2013. Un lugar que está especializado en organización de despedidas de solteiros e solteiras e reunións de fines de semana de amigos, ofrecendo múltiples actividades.Durante o acto, o presidente do GDR-9, Francisco José Fernández, presentou o informe dos resultados 2007-2013. A continuación varios promotores que recibiron axudas presentaron os seus proxectos, Avelino Luis de Francisco, alcalde do Concello de Cortegada, falounos das marabillas que ofrecerá o novo balneario que se construíu en Cortegada, que terá tamén unhas termas inspiradas na filosofía oriental na parte exterior, e en canto se poida adxudicar a súa explotación entrará en funcionamento.

xornada leiro

Francisco J. de Ana Magán, Dr. de Patoloxía Forestal-Departamento de I+D, da empresa Hifas da Terra, mostrounos como é posible realizar unha explotación de castiñeiros híbridos micorrizados para que produzan boletus, castañas e madeira e que dean rendemento, animando a outros promotores a que se animen a aproveitar o monte para explotalo e poñelo en valor. A vantaxe do castaño micorrizado é que na súa base produce cogomelos, conseguindo deste modo sacar maior rendemento á explotación.

Jaime Méndez, administrador de Solaina Minei, animounos a unir pequenos propietarios para conseguir un terreo cunhas dimensións considerables para conseguir maior rendemento. Esta empresa, que en principio se dedicará á produción e venda de uva, conseguiu que os veciños colaborasen coa achega das súas terras para que estean a producir e lle saquen beneficio. Ademais recibiron axudas do GDR-9 para mellorar a explotación con fertirrigadores, que conseguen que a cepa reciba a auga directamente na base e logra tamén a achega de aboamentos e produtos a través deste medio, conseguindo que a planta non estea tan exposta ás inclemencias do tempo.

xornada leiro

Argimiro Levoso, xerente da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, falou sobre a filosofía da cooperativa, a súa historia, e os proxectos actuais e futuros. Esta empresa tamén se beneficiou das axudas e instalou fertirrigadores en varios terreos, ademais de separadores para mellorar a produción.

Javier Blanco Carvallal, subdirector de relacións de Agader cos GDR, pechou a xornada explicando a ampliación ata o 2015 e animando os presentes a que se acollan a estas axudas para dinamizar e potenciar o rural.

xornada leiro

A continuación tivo lugar unha degustación de produtos da zona coa colaboración do Consello Regulador do Pan de Cea, que ofreceu seu producto para comprobar a calidade que ofrecen.


GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com