Blog

 Mapa de actuación dos Eixos do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Ribeiro Carballiño

Imprimir admin15gdr - 15-Abril-2024 - 10:09:45 

En data 11 de abril de 2024 o presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro (GDR-12) Francisco José Fernández Pérez, convocou aos 21 alcaldes e alcaldesas do destino Ribeiro-Carballiño, aos membros da Xunta Directiva do GDR-12 e a os representantes da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, da IXP Pan de Cea e do Consello Regulador D.O. Ribeiro para presentar o mapa de actuación dos Eixos do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Ribeiro Carballiño, que dispón dun orzamento de 1.500.000 €, e está financiado pola Unión Europea, o Ministerio de Industria y Turismo, o Plan de Recuperación Transformación y Resiliencia e a Xunta de Galicia.


A secretaria do Concello do Irixo, Carmen Limia, explicou aos asistentes o proceso de participación no PSTD Ribeiro-Carballiño, xestionado polo GDR-12, indicando as actuacións a executar na bianualidade 2024-2025 e que se divide en 4 Eixos:

1.- TRANSICIÓN VERDE E SOSTIBLE
- Restauración paisaxística para a eliminación de puntos degradados en lugares de interese turístico.
- Liña de axudas para a implantación de medidas que melloren a xestión da auga e os residuos no sector HORECA, con fin de minimizar os impactos da actividade.
- Plantación estratéxica en torno aos ríos da comarca para reducir riscos de inundacións.

2.- MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA
- Liña de axudas para la implantación de medidas de eficiencia enerxética, como por ex. sensores de luz, illamento, estufas pellets, electrodomésticos.
- Ordenación e zonificación da rede de sendeiros segundo os distintos usos. 
- Plan de mobilidade sostible para realizar una mellora e reforzamento do sistema de transporte dunha maneira sostible.
- Instalación de puntos de carga eléctrica de vehículos no destino.

3.- TRANSICIÓN DIXITAL
- Plataforma Web e instalación de tótems de información turística 24 h para o destino turístico. 
- Liña de axudas e formación para a dixitalización do sector HORECA, tales como softwares e hardware para a xestión de servicios, clientes e persoal.
- Elaboración de rutas de audioguía ficcionados para determinados recursos e produtos enogastronómicos co fin de crear unha experiencia .
- Docu-ficción da historia do viño e dos produtos gastronómicos asociados ao territorio e a súa relación co patrimonio existente.

4.- COMPETITIVIDADE
- Liña de axudas para que o sector privado desenvolva produtos enogastroturísticos sostible e innovadores.
- Servicio de asesoramento empresarial para a creación de bens e servicios enogastronómicos.
- Programa de recuperación da arquitectura histórica do viño do Ribeiro. 
- Adhesión da Ruta do Viño Ribeiro ao Club de Produto Rutas del Vino de España, unha marca referente do enoturismo en España promovida pola Asociación Española de Ciudades del Vino (ACEVIN).
- Creación dun Menú Ribeirao con produtos km. 0 nos establecemeentos hostaleiros.

Ademais, o GDR-12, con sede no Centro Cívico de Leiro, atende no teléfono 988 488 451 e nas redes sociais se pode seguir nos perfiles:
- Enderezo electrónico: pstd.gdr12@gmail.com
- Páxina web: carballiño-ribeiro.es
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com