Blog

 ABANCA e o GDR Carballiño - Ribeiro reafirman a súa colaboración e promoven un crecemento sostible das empresas da zona

Imprimir admin15gdr - 26-Xuño-2026 - 20:52:37 

Foto

ABANCA e o GDR Carballiño - Ribeiro reafirman a súa colaboración e promoven un crecemento sostible das empresas da zona



ABANCA e o GDR Carballiño - Ribeiro reafirman a súa colaboración e promoven un crecemento sostible das empresas da zona


A entidade financeira elabora un catálogo con crédito e outros produtos e servizos a medida para as empresas adheridas ao grupo
O banco e o grupo buscan o crecemento das empresas e fomentar a creación de emprego
O convenio recolle o plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, creado para persoas traballadoras autónomas, e que facilita un maior aforro para a xubilación 26.01.2026. ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Carballño - Ribeiro acaban de asinar, un ano máis, o seu convenio financeiro de colaboración. O obxectivo principal é impulsar a economía da zona, ofrecer solucións de financiamento a medida para o día a día das empresas que conforman o grupo e promover a creación de emprego. 
O acordo foi asinado hoxe en Leiro pola directora de zona en Ourense Oeste, Rosana Neira, e o presidente do GDR, Francisco José Fernández. A firma serviu como punto de encontro entre ambas partes, que acordaron manter un contacto fluido para seguir abordando os retos do grupo. No convenio detállanse solucións especializadas para a agrupación, como os préstamos, liñas de crédito, avais, desconto comercial, confirming, anticipo de subvencións ou o pagamento de impostos. 
Os proxectos do sector agrogandeiro terán acceso á Liña de Financiamento Agro Multidestino, un produto deseñado por ABANCA que unifica nun só contrato a financiamento máis habitual de circulante co conseguinte aforro de custos. Todo isto sen esquecer a experiencia da rede comercial do banco no ámbito territorial do GDR. 
As empresas agrupadas tamén terán acceso ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Ademais, o banco conta con xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónica, entre outros, para as persoas interesadas. Desde as oficinas de ABANCA facilitarase tamén toda a información relativa ás opcións de financiamento dispoñibles a través dos convenios oficiais que o banco subscribe con diversos organismos públicos. 
O documento tamén fai especial fincapé no plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, unha solución ideada para complementar a xubilación das persoas traballadoras autónomas. 
Trátase dun plan de pensións de emprego simplificado que permite aos profesionais por conta propia xerar un maior aforro que os tradicionais plans individuais.

GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com