Blog

 ACORDO DE APERTURA DE CONVOCATORIA PARA 2015

Imprimir gdr9 - 13-Xaneiro-2015 - 13:11:15 

Na reunión da xunta directiva da asociación de desenvolvemento rural Carballiño-Ribeiro celebrada o día 22 de decembro de 2014 acordouse por unanimidade aprobar a apertura da convocatoria para a presentación de solicitudes de axuda do programa Leader Galicia 2007/2013 para a anualidade 2015.

Os fondos dos que se dispón son os remanentes que queden despois de aprobar por xunta directiva os expedientes pendentes da anterior convocatoria, así como as renuncias ou reducións que se poidan producir nos mesmos e novos fondos procedentes de Agader por traspasos de outros grupos que non comprometan a totalidade dos seus fondos ou dun novo reparto.

Os proxectos non poderán estar iniciados antes da data de solicitude de axuda e deberán estar rematados, certificados e pagados, con todos os permisos e licenzas necesarias dentro deste ano, na data que marque Agader na resolución de concesión de axuda.

O prazo de presentación das solicitudes de axuda comeza o día 19 de xaneiro e remata o 31 de marzo de 2015.

 

Asociación Carballiño-Ribeiro (GDR9). Rey de Viana 4-baixo. 32420 Leiro (Ourense)

Tfno 988488752. Mail administracion@gdr9.es. www.gdr9.es


Novo texto corrixido do réxime de axudas para o programa Leader Galicia

Faga click na imaxe para descargar en formato PDF.



GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com