ABANCA e o GDR 12 asinan un novo convenio de colaboración.

Imprimir admin15gdr - 30-Decembro-2025 - 10:18:50  

ABANCA e o GDR 12 Carballiño-Ribeiro renovan a súa colaboración e apostan pola creación de emprego e sostibilidade.

• O Banco e o Grupo de Desenvolvemento Rural buscan mellorar a competitividade a través de investimentos.

• O GDR 12 xestionou para a convocatoria 25-26 máis de 450.000€ en axudas.

29-12-2025. ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro (GDR-12) veñen de asinar un acordo de colaboración que busca responder ás necesidades do tecido produtivo da comarca e da creación de emprego, ao tempo que sitúan a sostibilidade no foco principal.

O convenio foi rubricado en Leiro (Ourense) coa presencia da directora da oficina, Patricia Núñez e asinado polo coordinador de banca institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, e o presidente do GDR 12 Carballiño-Ribeiro, Francisco José Fernández Pérez. O convenio súmase ás recentes ofertas e convenios financeiros que ABANCA subscribe practicamente a diario con colexios profesionais, empresas, asociacións e outras entidades presentes nos territorios nos que o banco ten presencia.

Un dos obxectivos principais deste acordo é a reactivación económica da comarca a través do impulso de novos proxectos e da mellora da competitividade e sostibilidade medioambiental dos actuais a través do crédito. Con isto, os adheridos ao GDR poderán acceder as condicións ventaxosas na contratación de produtos e servizos como as pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións e avais.
Así mesmo, o texto detalla unha oferta con créditos específicos para o sector agrogandeiro, liñas de comercio exterior, desconto comercial e confirming.

Os membros do GDR tamén terán acceso ás vantaxes do Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Tamén ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica para os interesados. A maiores, dende as oficinas facilitarase información relativa ás opcións de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

Na presente convocatoria 25-26, o GDR-12 xestionou máis de 20 proxectos, dos cales foron beneficiarios de axuda 5 entidades públicas (Concellos do territorio), 2 asociacións privadas e 6 entidades privºadas (autónomos e empresas), repartíndose cerca de máis de 450.000 € en dúas anualidades, sumando o investimento total dos proxectos 776.000€

 

 CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL 2025

Imprimir admin15gdr - 04-Decembro-2025 - 12:40:58  

Don Francisco José Fernández Pérez, en calidade de Presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural "Asociación Carballiño-Ribeiro", con sede social na rúa Gabino Bugallal, 39 de Leiro (Ourense), titular do C.I.F número  G- 32390403, e que figura inscrita co número 2008/012254-1 (OU),  do Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense

  CONVOCA     A ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA "ASOCIACIÓN CARBALLIÑO-RIBEIRO" A CELEBRAR O 9 DE DECEMBRO DE 2025.   No CENTRO CÍVICO de Leiro, ás 18:00 horas, en primeira convocatoria e as 18:30 horas en segunda, co seguinte orde do día:   1.- Lectura e aprobación da acta da asemblea extraordinaria de 13 de agosto de 2024. 2-  Aprobación, se procede, das contas do exercicio de 2024. 3.- Aprobación, se procede, da memoria "Informe anual de avaliación e seguimento da posta en práctica da estratexia de desenvolvemento local" do 2024. 4- Aprobación, se procede, do programa de actividades da Asociación para 2025 5- Aprobación, se procede, do orzamento da Asociación para o ano 2025. 6-  Rogos e preguntas.   En Leiro, a 25 de novembro de 2025.    
 
En data 11 de abril de 2024 o presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro (GDR-12) Francisco José Fernández Pérez, convocou aos 21 alcaldes e alcaldesas do destino Ribeiro-Carballiño, aos membros da Xunta Directiva do GDR-12 e a os representantes da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, da IXP Pan de Cea e do Consello Regulador D.O. Ribeiro para presentar o mapa de actuación dos Eixos do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Ribeiro Carballiño, que dispón dun orzamento de 1.500.000 €, e está financiado pola Unión Europea, o Ministerio de Industria y Turismo, o Plan de Recuperación Transformación y Resiliencia e a Xunta de Galicia.

Páxinas: 1 2 3 4 5 ... Último 
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com