CONVOCATORIA DE AXUDAS 2021-2022

Imprimir admin15gdr - 05-Maio-2021 - 08:52:57  

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA O PROGRAMA LEADER NAS ANUALIDADES 2021-2022.

O 3 de maio de 2021 AGADER publicou a convocatoria de axudas LEADER.

Os promotores interesados poderán solicitar as axudas por Sede Electrónica, baixo o procedemento MR701D.

Os Proxectos Produtivos deberán cubrir, entre outros o Anexo III, mentres que os Proxectos Non Produtivos deberán facelo no Anexo IV.

 

 Encontro co Conselleiro de Medio Rural José González en Facebook LIve

Imprimir admin15gdr - 22-Abril-2021 - 10:38:08  


Hoxe, xoves 22 de abril, ás 19:00 horas, o Conselleiro de Medio Rural, José González, xunto coa Directora Xeral de Agader, Inés Santé, explicará a todos os promotores e promotoras do sector primario acerca das axudas existentes.

Podes premer no enlace https://facebook.com/josegonzalezconselleiro/

 

 MODIFICACIÓN DA ESTRATEXIA DO GDR-12

Imprimir admin15gdr - 20-Abril-2021 - 10:46:31  

O 10 de abril de 2021, AGADER aprobou a Modificación da Estratexia de Desenvolvemento local do GDR-12.
Podes ver dita resolución neste enlace: RESOLUCIÓN.
Tamén están dispoñibles os Baremos, en formato Excel.
 
Páxinas: Primeiro ... 3 4 5 6 7 ... Último 
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com