Charlas informativas sobre as axudas Leader 2014-2020

Imprimir admin15gdr - 03-Marzo-2017 - 12:59:55  

O​ xoves,​ 2 de ​marzo, celebrouse unha charla informativa no Centro Social San Trocado de Laias, con motivo de informar ​a​os veciños acerca das axudas LEADER 2014-2020​.​

O venres​,​ 3​ de marzo,​ ás 20.00​ horas​ terá lugar unha charla no salón de plenos do Concello d​o​​ Carballiño​.

O vindeiro xoves​,​ 9​ de marzo,​ será en Piñor ás 20.00​ horas.

​E​ o venres​,​ 10 de marzo​, a reunión informativa será en Arnoia​ ás 20.30 ​horas.

 

 Presentación das axudas Leader 2014-2020 en Castrelo de Miño

Imprimir admin15gdr - 01-Marzo-2017 - 10:43:23  

O día 27 de febreiro, o equipo técnico do GDR12 impartiu unha charla para os veciños de Castrelo de Miño no auditorio da localidade do Ribeiro.

Esta actividade é unha máis das accións que a Asociación Carballiño-Ribeiro está a levar a cabo no territorio para achegar á poboación á comprensión das bases para as axudas LEADER 2014-2020 que se convocaron a finais do mes de xaneiro.

GDR12 Castrelo de Miño
 

 Presentación das axudas do Leader 2014-2020 en Beariz

Imprimir admin15gdr - 27-Febreiro-2017 - 12:17:14  

O pasado sábado, 25 de febreiro de 2017, realizouse unha charla do equipo técnico do GDR12 para os veciños de Beariz. Tomás Sancho, por parte do Concello de Beariz, presentou dita charla, onde maioritariamente participaron membros das numerosas comunidades de montes deste concello.

GDR12 Beariz

GDR12 Beariz
 
Páxinas: Primeiro ... 12 13 14 15 16 ... Último 
GDR12 Asociación Carballiño-Ribeiro
Centro Cívico, 1° andar. 32420 Leiro | Tel. 988 48 84 51 | info.gdr12@gmail.com